Estudo da capacidade de carga do destino Ribeira Sacra

Acción

A cifra real de visitantes que pernoctan na Ribeira Sacra segue sendo unha incógnita, a pesar dos datos que ofrecen as estatísticas turísticas oficiais e as medicións que, de modo experimental, se obteñen a través do posicionamento dos teléfonos móbiles. O obxecto desta actuación é ofrecer unha aproximación razoada e coherente do número de turistas na Ribeira Sacra, que teña en conta as diversas fontes de información dispoñibles.

O obxecto do presente contrato é realizar un estudo técnico rigoroso que combine información estatística oficial, datos alternativos procedentes de tecnoloxía de xeolocalización, rexistro de aloxamentos e actividades turísticas, así como información aportada por actores clave do sector. Esta aproximación integral permitirá non só mellorar o coñecemento sobre o comportamento dos visitantes, senón tamén ofrecer ás administracións públicas e axentes locais unha base sólida para a toma de decisións estratéxicas, reforzando así o posicionamento da Ribeira Sacra como destino turístico de calidade con unha xestión baseada en datos.

Data realización: xuño 2025.

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 3 do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar