Galería
Galería

Globos Boreal

Outras actividades lúdicas

Ao amencer, recibirémoste cunha cálida benvida para comezar unha aventura inesquecible.

Poderás ver de preto a montaxe do globo, resolveremos todas as túas curiosidades e, nun dicir amén, estarás a sucar os ceos de Ribeira Sacra. Desde o alto, ábrese diante túa unha paisaxe fascinante: o río Miño, viñedos en terrazas, frondosos bosques, campos ao bo estilo estival, pequenas aldeas e todo aquilo que esta máxica terra queira regalarche.

Tempada de voos en globo: dende xuño a finais de setembro.


Daniel Tarno

Daniel Tarno

Voar en globo é unha experiencia única, e a miña prioridade é que a vivas con total tranquilidade. O noso equipo de terra e eu coidamos cada detalle, desde o despegamento ata a aterraxe, para que goces con seguridade e sen preocupacións. O demais pono o vento, nós encargámonos de que te sintas en boas mans.

Espérote este verán para despegar xuntos.

GLOBOS BOREAL

Ver máis...

Información e contacto

Teléfono contacto
915613968|645076655
Prezo
220€/persoa 185€/nenos de 6 a 12 anos
Cómo chegar Cómo chegar