
Losal Zapatos Artesanos

Esta empresa foi fundada no 1.899, cando José López Rodríguez comeza a fabricar, de forma artesanal, zapatos e botas a medida, sempre cosidos e con materiais de primeira calidade.
A partir de 1.915, coa incorporación dos seus fillos, amplía a fábrica; e nos anos 30 comeza un proceso de modernización e crecemento continuado que chega ata hoxe, coa cuarta e quinta xeración familiar, que manteñen a aposta da fabricación dun calzado de calidade.
A adquisición de maquinaria punteira nos últimos anos, o gran crecemento do sector do calzado, e a experiencia acumulada nestes máis de cen anos de existencia fan que este calzado, de calidade e duradeiro, sexa recoñecido en moitos lugares. Ademáis, os modernos equipos da empresa, xunto coa alta capacitación do persoal, fan que sexa posible a fabricación de pedidos importantes nun breve período de tempo, algo impensable non fai moito, debido á laboriosidade e dificultade na elaboración de calzado cosido.
Losal Calzado Artesanal
Información e contacto

Roberto Baamonde, 18
Monforte de Lemos
27400 Lugo
