Xeocámping Montañas do Courel
Situado no Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel e a pé do Camiño de Inverno, o Xeocámping combina natureza, patrimonio e comodidade nun mesmo destino. Rodeado de rutas de sendeirismo, paisaxes espectaculares e recursos culturais como o patrimonio da minería romana, ofrece unha experiencia auténtica de descuberta do territorio.
A súa proximidade a Quiroga, con ampla oferta de servizos e restauración, permite gozar da tranquilidade da contorna rural sen renunciar ás comodidades. Proxecto promovido por unha cooperativa galega comprometida coa sustentabilidade e o desenvolvemento local.
Pol
Pol é o responsable do Xeocámping Montañas do Courel e a principal persoa de referencia para as persoas hóspedes. A súa atención próxima e coidado do detalle contribúen a que cada estancia sexa unha oportunidade para descubrir a natureza, o patrimonio e a cultura local. O proxecto está xestionado por Aventeira, unha cooperativa galega que aposta por un turismo sostible e de calidade, polo que, ademais de Pol, outras persoas do equipo poden participar na atención ás persoas visitantes cando sexa necesario.
Xeocámping Montañas do Courel
Información e contacto
Rúa do Sil, 106
Ribas de Sil
27310 Lugo
Cómo chegar
Que mellorarías?