Teixo de Cereixido

Este magnífico teixo presenta un tronco, con case oito metros de perímetro na súa base, que se bifurca dende o chan en dúas enormes polas, de máis de tres e cinco metros de perímetro.
O espazo formado entre os dous troncos alberga unha gran cavidade que permite ver o interior. A copa comeza a formarse a un metro e medio do chan, coas primeiras ramificacións do exemplar, que destaca polo seu gran volume e fermosa forma, adornada polo campanario da igrexa.
Datos da árbore (2020):
- Altura (m): 13,80 m
- Perímetro normal (m): 3,65/5,22
- Diámetro de copa (m): 14,05
- Idade estimada: 300-400 anos