

Xeomiradoiro de Campodola

Este miradoiro, situado na parroquia do Hospital, é un sitio perfecto para contemplar o Sinclinal da Serra do Courel, entre as aldeas quiroguesas de Campodola e Leixazós.
Este espazo ten un importante valor xeolóxico por tratarse dun elemento constituído por unha formación xeolóxica senlleira con interese científico que se conserva practicamente intacto desde o Carbonífero inferior.
Neste pregamento, grazas á erosión e ao encaixamento do río Ferreiriño, apréciase con total nitidez este proceso xeolóxico, deixando ao descuberto a súa estrutura interna nun gran corte transversal.
En virtude da desaparición da terra e a cuberta vexetal, na actualidade pódese observar dun xeito claro os fenómenos xeolóxicos que o formaron. En conxunto forma un espectáculo natural con poucos puntos de comparación no continente europeo.
Miradoiro de Campodola
Información e contacto

O Hospital
Quiroga
27320 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

