A Pena da Erosa (Lenda)
Na parroquia de Santa Baia de Adá, en Chantada, existen unhas curiosas formacións de granito, ao redor das cales existen multitude de interpretacións e lendas, aínda que a máis extendida versa sobre mouras*.
A lenda da Pena da Erosa cóntanos que unha moura que portaba na súa cabeza unha inmensa pedra, estaba sendo perseguida con tremenda ansia, que ao atoparse de súpeto cun gran penedo deixou sobre este o que ela levaba na cabeza, para evitar ser atrapada. E, deste xeito xurdiu a curiosa composición pétrea que podemos contemplar no lugar coñecido como A Pena da Erosa.
O imaxinario popular sobre esta lenda foi plasmado nun mural, dentro do proxecto Un toque de Cor en Ribeira Sacra, coñecido como A Pena da Erosa, e situado no Pavillón de Deportes de Chantada.
*Definición de mouras