Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Aldea de Outeiro

Aldeas singulares

ATENCIÓN: NON entrar ás rúas da aldea con ningún tipo de vehículo. Existe un espazo habilitado para aparcar, nunha chaira que se atopa a man dereita, inmediatamente despois de pasar un pozo. 

As casas da aldea de Outeiro están pegadas unhas ás outra nunha pronunciada ladeira por riba do río Soldón, formando un nó de rúas de ambiente evocador, case medieval.

O río Soldón estaba profusamente aproveitado, con muíños fariñeiros, varias fraguas, unha ferrería e ata un xerador que durante a segunda metade do século XX e ata o ano 1972 deu luz ás casas do lugar.

O señor Joaquín, encargábase de poñer a funcionar o xerador tódolos días, desde o solpor ata a mañá seguinte, xa que a electricidade só se utilizaba polas noites, e cada veciño pagaba unha cantidade fixa, dependendo do número de lámpadas que tivese na súa casa.

Aldea de Outeiro

Información e contacto

Enderezo

Aldea de Outeiro

Quiroga Lugo

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar