Ameneiro do Pazo de Maside

Con aproximadamente 27 metros de altitude e 150 anos de antigüidade, este ameneiro considérase excepcional polo seu tamaño e forma.
Os amieiros ou ameneiros son árbores que raramente adoitan presentar un só tronco debido aos lugares onde habitan, na proximidade dos ríos ou arroios de montaña, onde sofren con frecuencia a rotura do seu tronco e das súas ramas. Tampouco son árbores de gran tamaño nin lonxevidade, precisamente por esta característica e pola fraxilidade da súa madeira. Debido a iso, esta árbore considérase un ameneiro excepcional polas súas dimensións e forma.
Aínda que non se sabe con certeza, é posible que a idade desta árborese atope próxima ao momento no que se construíu a edificación da Casa Grande de Maside, no século XVIII, considerada a Casa Grande máis importante da zona.
Datos da árbore (2020):
- Altura (m): 27
- Perímetro normal (m): 4.35
- Diámetro de copa (m): 15
- Idade estimada: 150 anos
- Propiedade: privada. A árbore atópase dentro dos Xardíns do Pazo de Maside, polo que é necesario pedir permiso para visitala. Para máis información, poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Pantón.
Non o perdas!
Nas inmediacións atópase o Mosteiro de San Salvador de Ferreira (tamén coñecido como Mosteiro das Bernardas); o único mosteiro que conserva vida monacal en Ribeira Sacra.