Galería
Galería

Antiga fábrica de chocolate

Outro patrimonio histórico

Á beira do río Cabalar e a carón da ponte de orixe romana, atópnase os restos desta fábrica que funcionou entre finais do XIX e comezos do XX.

Construída por José Salgado no 1889, aproveitaba a forza do río Cabalar para a moenda do cacao, e tamén contaba con dous muíños fariñeiros e incluso unha turbina de produción eléctrica.

José Salgado elaboraba os seus chocolates baixo a marca "Royal", e no ano 1910 decidiu emigrar á Arxentina, levando consigo os muíños e mezcladoras de chocolate ata Bos Aires, onde en 1918 abriu Chocolates Fénix. A empresa foi declarada "Provedora da Casa Real de España" no ano 1920 por Alfonso XIII e segue funcionando hoxe en día no mesmo lugar.

Pola contra, o edificio do río Cabalar foi perdendo o seu uso, e na actualidade atópase abandonado e en ruínas.

Antigua fábrica de chocolate

Información e contacto

Enderezo

A Pobra de Trives

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar