Galería
Galería

Aparcamento disuasorio en Castro Caldelas

Acción

O aparcamento localízase nunha zona estratexicamente situada pola súa localización próxima ao aparcamento de autocaravanas, con acceso directo ao núcleo urbano.

 

A actuación consistiu na eliminación da masa vexetal dunha parcela, nivelación do terreo e execución dunha base de saburra compactada.

O obxectivo foi dotar a Castro Caldelas dun novo espazo de estacionamento disuasorio, debido á escasa dispoñibilidade de prazas de aparcamento no núcleo urbano do municipio.

Data realización: xuño 2025


Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Aparcamento disuasorio en Castro Caldelas

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar