Asistencias técnicas Mobilidade Sostible PST

Contratación de asistencias técnicas dirixidas a impulsar unha mobilidad sostible en Ribeira Sacra.

En primeiro lugar, contrátase en 2021 a asistencia técnica para a redacción dun avance do Plan de Movilidad Sostible para Ribeira Sacra e accións de divulgación (xornada de mobilidade sostible e evento en Vos Peares) e en 2024, a asistencia técnica para a elaboración de informes/memorias técnicas sobre prototipos, orzamentos e viabilidade técnica de buses e embarcacións eléctricas adaptadas ás características de Ribeira Sacra; proposta de localización e características de intercambiadores e pasos de barca con electrobarcas; determinación de necesidades de subministración eléctrica para puntos de carga, e desenvolvemento de propostas de sinalización intelixente para a rede intermodal de mobilidade turística.

Data realización: xuño 2021 e agosto 2024


Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Información e contacto