Galería
Galería

Campamento Romano Penedos de Lobo

Xacementos arqueolóxicos

Trátase da presenza militar romana máis antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e que podería vincularse cronolóxicamente á época das Guerras Cántabro-Ástures, entre o 25 e o 22 a.C.

O campamento romano de Penedos de Lobos ten un tamaño de 2,34 hectáreas, con capacidade para acoller ata mil soldados, o que o define como un campamento de reducidas dimensións. Conserva aínda as características catro portas que definen os recintos militares romanos, e casi a totalidade do perímetro da muralla defensiva que, ademáis, de forma moi pouco habitual, está construída en pedra.

Foi ocupado durante un periodo curto de tempo, polo que sería un campamento estacional, no que un continxente militar romano cunha misión específica que aínda se descoñece, estableceuse durante varias semanas ou un mes. Na escavación realizada en 2018 atopáronse tachuelas de sandalias romanas (caligae) e moedas acuñadas por Publio Carisio, usadas para pagar aos lexionarios en época do emperador Octavio Augusto, entre o 25 e o 22 a.C.

Aínda que se descoñece a misión deste continxente romano, a época coincide coas Guerras Cántabro-Astures nas que os romanos remataron a conquista de Hispania, polo que adquire gran relevancia xa que é a presenza romana máis antiga no territorio de Galicia.

O campamento foi descuberto por un veciño da comarca, Rubén F. Lorenzo Pérez, quen comunicou ao colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta montaña de peculiares características. Atópase moi preto da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e foi tradicionalmente unha zona de pastoreo con vexetación que dificultaba a súa identificación.

Fuente: http://romanarmy.eu/2018/08/28/s-cantabro-astures-o-campamento-romano-de-penedo-dos-lobos-revela-a-presenza-militar-romana-mais-antiga-documentada-en-galicia/

Campamento Romano Penedos de Lobo

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Manzaneda

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar