Campaña de promoción turística Bóveda-Ribeira Sacra
Implementación dunha campaña integral de promoción turística no Concello de Bóveda, estruturada en varias accións complementarias.
Desenvolveuse unha web turística con información sobre patrimonio, natureza e servizos; creouse un sistema de códigos QR situados en monumentos, rutas e establecementos; deseñáronse paneis físicos con mapas e datos relevantes; distribuíronse adhesivos QR para os negocios locais; e elaborouse unha pequena guía impresa como apoio á estratexia dixital.
O obxectivo desta actuación foi dotar ao Concello de Bóveda dunha estratexia de promoción turística integral, dixital e física, que facilite o acceso inmediato á información, reforce a visibilidade dos seus recursos e mellore a experiencia dos visitantes.
Fecha realización: xuño 2025
Ligazón página web
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.