Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Castro Caldelas

Conxuntos históricos

O  casco antigo de Castro Caldelas foi declarado conxunto histórico artístico en 1998 .Trátase, principalmente,  das rúas que soben ao Castelo dos Condes de Lemos;  a rúa do Sol e rúa Grande. Rúas empedradas  que seguen o trazado medieval, mostrando interesantes casas de pedra con galerías e escudos. Nunha destas casas, actualmente pousada, viviu o ilustre escritor e político galego Vicente Risco

Castro Caldelas está situado nun outeiro que domina a ribeira do río Edo. Esta vila luce fermosas galerías brancas e interesantes casas que nos falan dun rico esplendor medieval.

Destaca a zona antiga coñecida como Cima de Vila, rúas empedradas e serpeantes que soben ao castelo construído por orde de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, no segundo terzo do século XIV. Estamos ante unha fortaleza medieval de carácter militar. Destaca o bo estado de conservación da Torre do Reloxo, Torre da Homenaxe e patio de armas.

Tamén é unha vila con tradicións, destacando a festa dos Fachós a noite do 19 de xaneiro. Nesta celebración en honor a San Sebastián, os habitantes realizan unha pequena procesión arredor do castelo portando longos fachos feitos de palla. Lévase unha imaxe do santo feita tamén de palla, precedida por un largo facho de ata 30 metros.

Non podemos visitar Castro Caldelas sen degustar a súa rica gastronomía na que destacan a tenreira de raza Caldelá e o xamón curado da comarca (moi cobizado polo seu sabor, mor da ceba de castañas dos animais) e por suposto a súa bica.

Non o perdas!

O castelo ou  fortaleza é o símbolo máis visible da súa historia. Data do século XIV, aínda que se pensa que xa existía unha fortificación no século XII.

A Virxe dos Remedios: igrexa de estilo renacentista do s. XVI e que foi reformada no s. XIX, que ten no seu atrio un miradoiro con espectaculares vistas. Conta con brasóns xunto á porta sur e funciona como Museo Municipal.

Castro Caldelas

Información e contacto

Enderezo

Castro Caldelas

32760 Ourense

Teléfono contacto
988 203 000

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar