Creación de produto "Vila Literaria de Quiroga"

Acción

Unha das labores que vén desempeñando o Consorcio de Turismo dende os seus inicios é a creación e lanzamento de novos produtos turísticos, aumentando e creando unha oferta adaptada á demanda, que contribúa, entre outros obxectivos, a alongar a estadía dos turistas e á desestacionalización do turismo no xeodestino.

Seguindo nesta liña, propúxose a creación dunha ruta literaria na vila de Quiroga que axude a continuar coa difusión do patrimonio cultural do pobo e complemente outras accións levadas a cabo co mesmo obxectivo por este organismo.

Para tal fin, contratouse a un equipo experto que se encargou do deseño, trazo e sinalización deste novo produto turístico.


Data realización: octubre 2022
Información ruta: https://museosquiroga.org/vila-literaria/

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar