
Elaboración e impresión guía e mapa do Concello de Taboada

Deseño, maquetación, edición e impresión dunha guía e un mapa turístico do Concello de Taboada, que carecía de soportes impresos de promoción turística.
Con ambas as publicacións, atractivas e actualizadas, púxose ao dispor dos visitantes información práctica sobre o municipio e os seus principais recursos, presentando a Taboada como parte do destino turístico Ribeira Sacra.
O obxectivo desta actuación é dotar ao Concello de Taboada de soportes impresos de promoción turística que faciliten a difusión dos seus recursos e reforcen a súa integración na oferta do destino Ribeira Sacra.
Data realización: xuño 2025
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.