Galería
Galería

Embelecemento acceso piscinas Portomarín

Acción

Realización dunha rampla mediante muro de dique con trasdós de saburra artificial, sobre a que se asentou un pavimento de pedra natural e protexeuse a zona mediante valado de madeira. Colocáronse, ademais, xardineiras con plantas ornamentais para mellorar así a contorna.
 

Portomarín, como punto de inicio e fin de etapa do Camiño Francés, rexistra numerosos peregrinos e a piscina municipal é un recurso moi utilizado en época estival por estes visitantes para descansar e repoñer forzas, polo que un acceso idóneo incrementará o atractivo deste recurso e a boa imaxe da vila.


Data realización: decembro 2024

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Humanización acceso piscinas Portomarín

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar