
Esgrafiado en Casa do Carteiro (Quiroga)

A recuperación realizouse nunha vivenda centenaria e de notable entidade da localidade de San Miguel de Montefurado (Quiroga).
Na decoración presenta dúas fachadas ao camiño de interese, realizadas sobre revocos de barro que cobren xisto. Unha, con esgrafiados lenticulares; a outra, con perpiaños finxidos e faixa con deseños baixo o abeiro.
Na contorna destacan a igrexa parroquial, de notables proporcións, exemplo de barroco rural con influencias foráneas. É tamén lugar de paso do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela, itinerario emerxente.
Localízasse a uns 600 metros da estrada N-120 (entre Monforte de Lemos e Ponferrada), lugar que pode verse desde a estrada, e no núcleo de Montefurado, que recibe aos visitantes en unha das entradas da Ribeira Sacra.
Non o perdas!
Moi preto poderás visitar o Túnel de Montefurado, a famasa obra de enxeñería dos romanos.
Casa do Carteiro
Información e contacto

Montefurado
Quiroga
27320 Quiroga
Equipamento e servizos

Accesibilidade

