Esgrafiado "Follas e olas" en Xunqueira de Espadanedo

Esgrafiado de nova creación con técnica tradicional, localizado nunha granxa abandonada fronte ao mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.
A modo de trama, o fondo do revestimento mostra a evolución dun motivo de forma xeométrica que se converte nunha figura orgánica coñecida nos cintados da comarca. No mural destacan elementos da olería de Niñodaguia, así como a interpretación vexetal de especies autóctonas nunha masa de cor que percorre sinuosa ata a parte alta do edificio.
A técnica empregada é o esgrafiado de cal con e sen capa de sacrificio. O uso de morteiros realízase de xeito artesanal onde se combinan os usos da cal hidráulica e da cal grasa segundo as necesidades técnicas da execución.
Actuación enmarcada no Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022
Información e contacto

Avda Xunqueira de Espadanedo, 93
Xunqueira de Espadanedo
32730 Ourense
Equipamento e servizos


