Galería
Galería

Fachas de Castelo

Festas

Unha viaxe á nosa cultura máis ancestral. Un espectáculo cheo de luz e espiritualidade.

As fachas son uns longos paus de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, recubertos case na súa totalidade por distintas capas de talos dunha planta chamada gamón ou vara de San José. A súa elaboración é moi traballosa, xa que para cada facho empréganse entre cinco e sete mil talos.

A queima das fachas é unha tradición declarada de Inetrese Turístico de Galicia que se celebra na pequena localidade de Castelo desde tempos inmemoriables. Aínda que perdurou no tempo, a súa función resulta hoxe día un pouco dubidosa. Algúns estudiosos explican que esta tradición podería ser unha forma de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. 

A tarde do ritual levan os fachos ata o castro e dispóñense cravadas en círculo sobre o seu bordo. Pola noite, todo o mundo é chamado á festa con foguetes disparados desde o castro. Co aceso das fachas, o Castro convértese nun extraordinario espectáculo que se divisa desde toda a contorna. 

 

Data: 7 de setembro

 

Fachas de Castelo

Información e contacto

Enderezo

O Castelo

Taboada

27559 Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar