Galería
Galería

Fervenza do Pombar

Espazos naturais

Poderíase dicir que é a irmá da Fervenza da Pedriña, unha xoia da natureza enxaulada no transcurso do río Quiroga.

É unha das fervenzas máis bonitas de toda Galicia, conta cunha caída de máis de 9 metros e unha poza de moita profundidade. En verán, é unha zona apta para darse un baño e relaxarse coas súas augas neste espazo tan acolledor e fantástico que a Serra do Courel nos ofrece.

 

Para chegar a esta fervenza é preciso camiñar. Desde o pobo de Besarredonda, continuaremos aproximadamente quilómetro e medio en coche e desde ese punto seguiremos a pé por un sendeiro de 1 quilómetro de lonxitude ata chegar á fervenza. PRECAUCIÓN no inverno e en épocas de choiva. Recoméndase consultar o estado dos accesos co Concello de Quiroga (982 42 80 01) ou coa Oficina de Turismo de Quiroga (982 435 125).

Fervenza do Pombar

Información e contacto

Enderezo

Quiroga

Lugo

Cómo chegar Cómo chegar