Galería
Galería

Fervenza da Pedriña

Espazos naturais

Emprazada no principal acceso á parte oriental das Montañas do Courel, nas inmediacións da aldea de Outeiro.

O río Quiroga alimenta esta marabillosa fervenza que salva un desnivel duns 12 metros de altura e forma unha amplia poza no medio do bosque de ribeira de montaña que a rodea. En inverno, a caída de auga é espectacular e na tempada estival as cores que reflexa o sol semellan as augas tropicais; eso si, nada que ver coa súa temperatura.


Para chegar a esta fervenza é preciso camiñar. Desde o cruce de Outeiro, recorreremos 600 metros en coche en dirección Vilarbacú, aparcaremos, e continuaremos outros 900 metros a pé (sempre en sentido descendente) ata chegar á fervenza. PRECAUCIÓN no inverno e en épocas de choiva. Recoméndase consultar o estado dos accesos co Concello de Quiroga (982 42 80 01) ou coa Oficina de Turismo de Quiroga (982 435 125). Aconséllase extremar a precaución ao achegarse á fervenza; zona moi esvaradía.

Fervenza da Pedriña

Información e contacto

Enderezo

Quiroga

Lugo

Cómo chegar Cómo chegar