Festa do Caldo de Ósos

O Caldo de Ósos, un característico prato da localidade de Taboada, único lugar en Galicia onde exalta este manxar.
A Festa do Caldo de Ósos é unha cita inescusable para os taboadenses, que cada domingo de entroido reúnense para combater o frío que caracteriza a esas datas cun bo prato de "caldo de ósos", un caldo que antigamente se elaboraba o día de matanza cos ósos da soá (columna vertebral) do porco.
Unha fin de semana no que se aúna música, co festival "Festóso", e o clásico xantar do domingo, ademais de poder degustar este prato tan característico en todos os restaurantes da localidade.
Data: domingo de Entroido
Información e contacto

Taboada
27550 Lugo