Fitos benvida novos concellos

Acción

A actuación consistiu na instalación de sinalización turística en forma de fitos de benvida/tótems en puntos estratéxicos da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda e San Xoán de Río, co fin de reforzar a súa integración no xeodestino Ribeira Sacra tras a súa recente adhesión.

O obxectivo é dar visibilidade aos novos municipios así como a fortalecer a imaxe desta nova realidade territorial do xeodestino por parte dos visitantes e residentes, promovendo deste xeito unha identidade común.

Data realización: xuño 2025

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar