Folión de Carros de Chantada
Unha mostra da etnografía popular, cuxos orixes son descoñecidos.
O Folión de Carros é unha das celebracións máis esperada polos chantadinos e chantadinas. Cada ano, diferentes cuadrillas constrúen estruturas sobre soportes móbiles (carros tradicionais), que invaden a vila durante a noite anterior ao cuarto domingo de agosto, coincidindo coas festas patronais.
O desfile dos carros, que son tirados por xugadas de vacas e bois, comeza ás once da noite. Precedidos polos grupos de música tradicional que "abren" o Folión, os carros representan, nun ambiente festivo, e coma se dunha obra de teatro tratásese, desde oficios tradicionais ata escenas da vida cotiá pasada.
O Folión de Carros é unha expresión da cultura popular destas terras chea de humor, respecto, tradición e nostalxia. Sen dúbida, un espectáculo digno de ver.
Esta celebración está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2019.
Data: 4º sábado de agosto
Fonte e máis información: https://foliondecarros.com/