Audioguía


Galería
Igrexa de Santa María de Marrube

Construída a finais do s.XII, principios do XIII, ten unha nave de planta rectangular, con muros de cantería e cuberta a dúas augas con tellado de tella.
A fachada ten unha portada abucinada con tres arquivoltas de medio punto sostidas en columnas acodilladas con capiteis cúbicos. A sancristía está adosada a un dos laterais da nave e a espadana ten dous vanos e está rematada por un frontón con óculo. No muro norte ten un paseo de ronda que lle confire aspecto de fortaleza.
No seu interior, o arco triunfal ten ornamentación vexetal e posúe retablos con imaxes e pinturas murais do s.XV que cobren o cascarón e a bóveda, onde aparecen a figura do Salvador e o Neno Xesús recibindo agasallos en brazos da Virxe María.
Igrexa de Marrube
Información e contacto

Marrube
O Saviñao
27547 Lugo
Equipamento e servizos

Accesibilidade

