Manzaneda

Conxuntos históricos

Xa na Idade Media Manzaneda figura no Testamento de Dona Urraca Pérez (ano 1280), abadesa de Sobrado, co nome de Maçaeda. A muralla e fortaleza da vila, das cais se conservan importantes vestixios, son do século XII, ainda que a primeira referencia data do 1362, onde se constata que a vila está amurallada.

A Porta da Vila é a única entrada que permanece en pé da Vila Medieval de Manzaneda, levantada por iniciativa real no século XII e que máis tarde pasaría a mans do poderoso liñaxe dos Osorio, Condes de Lemos, famosos por aumentar a carga fiscal aos campesiños ata a asfixia. Por este motivo, a Vila Medieval foi un dos obxectivos da revolta dos “Irmandiños” a finais do século XV, ocasionando a destrución de parte do Castelo de Manzaneda, o que probablemente foi un torreón medieval.

Pouco despois deste suceso, a villa pasou a mans da familia Sarmiento, o novo Conde de Ribadavia. A súa presenza en Manzaneda queda atestiguada pola construción do cárcere dos Sarmiento e a transformación da antiga torre medieval nunha moderna fortaleza aislada a modo de barbacá.

A muralla chegou a ter 400 metros de lonxitude, quedando hoxe en día solamente 100 metros visibles, xa que a maioría fue engulida polo inevitable crecemento de casas adosadas a esta muralla que tería de grosor na base 5 metros, 2,5 metros na parte alta, e unha altura máxima que rondaba os 10 metros. Resulta curioso o adorno presente na muralla, unha especie de pincho que lle confire un aspecto de fortificación.

En canto á fortaleza, quedannos os restos dunha fortaleza aislada, a modo de barbacá, que delimitaría o acceso á Vila Medieval de Manzaneda. A súa construción comeza no século XVI por orde dos Condes de Ribadavia a partir dun torreón medieval destruído polos “Irmandiños” a finais do século XV. O costume de aproveitar a pedra de construcións vencidas para edificar novas vivendas apenas nos deixaron restos hoxe en día, pero aínda son visibles as troneiras no interior das murallas, ademáis dalgúns pedazos de antigos escudos nobiliarios.

O Cárcere dos Sarmiento é o edificio que representa a chegada da liñaxe dos Sarmiento (Condes de Ribadavia) no século XVI. Pertenceu ao castelo,
aínda que experimentou sucesivas reformas que dificultan a súa datación. Presenta un escudo de armas cos trece roeis dos Sarmiento e unha seteira sobre unha angosta escaleira. Actualmente atópase completamente restaurada e úsase para actividades culturais.

Aparte de desfrutar buscando os restos do recinto amurallado, o principal encanto para o visitante reside en pasear por estas rúas medievais tan encaixonadas e cheas de vetustas vivendas preparadas para soportar o frío da montaña.

A rúa da Cavarca fai referencia ao antigo foso (cárcava) que protexía a villa amurallada de Manzaneda, hoxe en día ocupado pola estrada e as construcións de vivendas, polo que só o nome da rúa nos recorda o seu antigo uso.

A rúa do Medio sería a arteria principal da antiga Vila Medieval de Manzaneda. A partir desta vía de comunicación articulanse os outros camiños secundarios que organizan todo o espazo dentro das murallas. O estreito rueiro medieval está acostumado a vivir en penumbra e con peculiares infraestruturas viarias para unir varias rúas, como o pasadizo do Calexón.

Información e contacto

Enderezo

Manzaneda

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar