Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Moura

Miradoiros

Este miradoiro, tamén coñecido como Miradoiro da Lampa, está situado na parroquia de San Xoán de Moura, no lugar denominado Cabo de Vila, sendo un dos miradoiros máis espectaculares de Nogueira de Ramuín. Dende o miradoiro de Moura contemplaremos magníficas panorámicas sobre o Canón do Sil, cunha perspectiva diferente dos demais miradoiros río arriba.

Observamos, na vertente ourensá, o Mosteiro e a pequena aldea de Santo Estevo rodeados de fabulosos bosques de carballos e castiñeiros. Na ladeira lucense podemos divisar o outrora Mosteiro de Pombeiro e a aldea do mesmo nome, así como a pequena aldea de San Cosmede, ancorada enriba da vía férrea que se dirixe a estación de Santo Estevo. 

Miradoiro de Moura

Información e contacto

Enderezo

Moura

Nogueira de Ramuín

Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar