Galería
Galería

Mural "A Peregrina do Camiño de Inverno"

Murais

O mural, situado no núcleo de Quiroga, cobre unha fachada de ladrillo de grandes dimensións que quedara completamente á vista tras a derriba dun edificio anexo. A obra, do artista Mon Devane, é unha chiscadela aos peregrinos que atravesan esta vía no seu camiño cara Santiago de Compostela. 

O pobo de Quiroga caracterízase pola cantidade de iniciativas, en canto a embelecemento se refiere, que organismos e asociacións veciñais levaron a cabo nos últimos anos, co fin de mitigar o impacto visual de certos elementos construtivos da vila. A primeira intervención foi realizada polo CTRS en 2015, dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra". Hoxe en día, todas as obras da vila pódense visitar a través dun percorrido turístico: Arte no Ar.

Obra realizada por Mon Devane (2021), dentro das actuacións do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

Mural A Peregrina do Camiño de Inverno

Información e contacto

Enderezo

Rúa Real con Rúa do Lago

Quiroga

27320 Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar