Galería
Galería

Mural "Esperanza, a vaqueira de Quintela"

Murais

O artista, popularmente coñecido en Galicia pola súa serie "Fenómenos do rural", onde retrata ás nosas "súperavoas galegas", destaca nesta obra a Esperanza, "a vaqueira de Quintela". 

Cando lle falaron da personalidade e entusiasmo de Esperanza, Yoseba non o pensou e acudeu na súa visita para esbozar a quen sería a súa seguinte "súperavoa".

En Quintela, Yoseba falou con Esperanza e coñeceu a todos os animais que aínda coida. Decidiu reprentala co seu animal predilecto, a súas vacas, convertíndoa así na "vaqueira de Quintela".


Obra realizada por Yoseba Muruzábal (Yoseba MP), en outubro de 2022, dentro da programación do Festival de Muralismo "Máis que cor na Ribeira Sacra".

Non o perdas!

O resto de murais e obras artísticas do núcleo de Castro Caldelas. Do Festival de Muralismo: "O Chuchamel", "Os Fachós", "Cámbiache a mirada" e "Danza das Cocas"; ou outras como "O Irrio" ou o esgrafiado contemporáneo na Praza da Torre. 

Mural Esperanza, A Vaqueira de Quintela

Información e contacto

Enderezo

Rúa Corredoira, 6

Castro Caldelas

32760 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar