
Mural Árbore e Columna

A pretensión do autor sobre este mural foi a de xerar unha cosmoloxía cultural que reflicta a riqueza das lendas, historia e patrimonio das persoas que habitan neste territorio.
A nivel estético e xogando co soporte, un depóito de auga en cemento, o mural salienta a idea de árbore ou columna clásica na que a copa ou capitel sería a paisaxe que o rodea e o tronco ou "fuste" a iconografía da zona: persoas relevantes, simboloxía da cultura castrense, presenza romana na zona, elementos naturais únicos como é a pedra cabaleira, etc.
Obra realizada por Javier Carrera en 2022, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Non o perdas!
Tamén en San Clodio, terás a oportunidade de visitar outros dous murais. Na Rúa do Pociño, atoparasche co primeiro mural de série Xoias da Ribeira Sacra, do artista Mondevane, representando a importancia do cultivo de cereixa para esta rexión. No paseo fluvial, o mural coñecido como A Pesca, de Abraham Caride.
Mural Árbore e Columna
Información e contacto

Rúa Antonio Pedrosa - San Clodio
Ribas de Sil
27310 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

