
Mural "Xoias da Ribeira Sacra - Perlas vermellas"

Trátase da primeira obra realizada polo recoñecido artista Mon Devane en Ribeira Sacra. A intervención localízase na fachada dun edificio preto da Praia Fluvial de San Clodio.
Tanto nesta obra como no mural realizado na localidade de Quiroga (Xoias da Ribeira Sacra II - Pebida de Ouro), o artista optou por reflectir algúns dos elementos máis característicos da gastronomía da Ribeira Sacra a modo de xoias.
No caso de Ribas de Sil, a cereixa foi o produto escollido, debido á importancia que esta froita ten na vila. De feito, todos os anos en xuño celébrase na localidade a Festa da Cereixa.
Obra realizada por Mon Devane en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Non o perdas!
A terceira obra de serie "Xoias da Ribeira Sacra" atópase no concello de Taboada, baixo o nome de Xoias da Ribeira Sacra III - O Carballo Milenario.
MURAL XOIAIS DA RIBEIRA SACRA I - PERLAS VERMELLAS
Información e contacto

Rúa do Pociño
Ribas de Sil
27310 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade



