Galería
Galería

Mural "Xoias da Ribeira Sacra II - Pebida de Ouro"

Murais

Situado no trazado do Camiño de Inverno, ao seu paso por Quiroga. É a segunda obra do recoñecido artista Mon Devane en Ribeira Sacra.

Do mesmo xeito que co primeiro mural desta serie (Xoias de Ribeira Sacra I - Perlas vermellas), o artista quixo homenaxear aos produtos gastronómicos máis relevantes desta zona de Ribeira Sacra, representándoos en forma de xoia. En Quiroga, como non podía ser doutra forma, o elemento escollido foi a oliva.

Aínda que nun primeiro momento poida parecer estraño, o cultivo da oliva en Ribeira Sacra practicouse, probablemente, desde a chegada dos romanos. Con todo, por diversos motivos, estas plantacións foron desaparecendo en gran parte do territorio, manténdose unicamente na zona máis oriental de Ribeira Sacra. Mostra desa tradicional produción son as oliveiras centenarias que podemos atoparnos en Quiroga, así como a conservación das dúas únicas variedades autóctonas recoñecidas en Galicia: a Brava galega e a Mansa galega.


Obra realizada por Mon Devane en agosto de 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra. 

Non o perdas!

A terceira obra de serie "Xoias da Ribeira Sacra" atópase no concello de Taboada, baixo o nome de Xoias da Ribeira Sacra III - O Carballo Milenario.

MURAL XOIAIS DA RIBEIRA SACRA II - PEBIDA DE OURO

Información e contacto

Enderezo

Auditorio Municipal (trasera)

Quiroga

27320 Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías
Aparcamento

Accesibilidade

Cadeira de rodas
Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar