11as Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia (2022)

DO 3 AO 5 DE XUÑO, NA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA

Ribeira Sacra, 28 de abril de 2022

EN QUE CONSISTEN AS 11as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS?

Trátase dunha promoción, da Axencia de Turismo de Galicia, na que poderás desfrutar de visitas guiadas e gratuítas* ás adegas participantes. Ao finalizar a visita, ofreceranche unha degustación dalgúns dos viños que elaboran. 

Nesta promoción tamén participan aloxamentos, nos que poderás gozar de descontos ou agasallos concevidos especialmente para esta ocasión. 

Ademais, cada Ruta conta cun programa especial de actividades para a fin de semana. No caso da Ruta do Viño Ribeira Sacra existen plans variados como rutas do románico, buses do viño, rutas en segway ou visitas a museos. Deixámosche un resumo de a programación, a cal tamén poderás atopar (de forma ampliada) na ligazón ao folleto das XI Xornadas, ao final da páxina.


PROGRAMACIÓN 11as XORNADAS NA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA


BUS DO VIÑO:

Servizo de transporte e guía acompañante especializado en Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese participantes nas 11as Xornadas de Portas Abertas. A actividade ten un custo de 10 €/ adult@ - 5 €/ nen@ (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. Prazas limitadas, recoméndase reserva previa.

  • 4 e 5 XUÑO: saídas programadas desde Monforte de Lemos, Lugo e Ourense.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • CATA SINFONÍA DE AROMAS E SABORES RIBEIRA SACRA (3 xuño)
  • OBRADOIROS INFANTÍS relacionados co mundo de viño (4 xuño)
  • RUTA ENTRE OLIVEIRAS DO CAMIÑO DE INVERNO (4 xuño)
  • ENTRE VIÑOS E  PINCHOS4 xuño)
  • COÑECEMOS O MIÑO DE RIBEIRA SACRA (4 xuño)
  • RUTA DO ROMÁNICO DE CHANTADA (5 xuño)
  • RUTA SENDEIROS DO SIL (5 xuño)
  • OUTRAS: 
    • VISITAS A MUSEOS: Centro do Viño dA Ribeira Sacra e Ecomuseo de Arxeriz (do 3 ao 5 de xuño)
    • RUTA GUIADA EN SEGWAY POLOS MIRADOIROS DA ZONA.

Ten en conta que as reservas da maioría de actividades haberán de realizarse contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra; as reservas para visitas ás adegas ou museos, directamente coa empresa ou entidade en cuestión (consulta cada caso en particular no folleto ou contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra).

 

ADEGAS PARTIPANTES: ADEGA VELLA , AMEDO S.L., BODEGA RIBADA, RECTORAL DE AMANDI, CASA MOREIRAS, CONDADO DE SEQUEIRAS, PONTE DA BOGA, PROENCIA, RONSEL DO SIL, VAL DE QUIROGA, VÍA ROMANA.

* Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e una o domingo, co seguinte horario de atención ao público:

  • Sábado: 11.30 h, 13.00 h e 17.00 h
  • Domingo: 12.00 h

Recoméndase confirmar visítaa vía telefónica coa adega correspondente (DATOS DE CONTACTO MÁIS ABAIXO, NA LISTAXE DE ADEGAS)


ALOXAMENTOS CON OFERTAS ESPECIAIS: CASA DAS XACIAS 


IMPORTANTE: máis información e reservas no teléfono 698 167 991 ou en rutavino@ribeirasacra.org (RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA)

MÁS INFORMACIÓN Y FOLLETO: rutasviñosgalicia.gal