XVI Feira do viño e cereixas de Belesar (Chantada e O Saviñao) (2022)
Viño e cereixas únense en tandem perfecto esta fin de semana, 21 e 22 de maio, ao pé do Miño, en Belesar. Non faltará tampouco a música durante ambas as xornadas nin o seu clásico concurso de aturuxos: ao berro "Ei papeiros, ei rabudos!".
PROGRAMACIÓN
Sábado 21
10:00 h. Apertura de stands.
11:30 h. Actuación do Grupo de Gaitas "Os Barrios" de Chantada.
12:00 h. Actuación do grupo "Nubeiro" de Lugo.
13:00 h. Inauguración oficial da feira e pregón a cargo de Bieito Ledo, escritor e director da Editorial " IRINDO" e entrega de galardón aos confrades do "Bo viño de Belesar".
14:00 h. Sesión vermú a cargo do grupo " Mertitxel" de Monforte de Lemos.
16:00 h.Actuación do grupo "Os Barrios".
Domingo 22
11:30 h. Actuación do Grupo de Gaitas "Os Barrios" de Chantada.
13:00 h. Sesión Vermú co grupo "Meritxel" de Monforte de Lemos.
17:00 h. Actuación do Grupo "Os Barrios".
18:00 h. Certame de "Aturuxos" (Papeiros e Rabudos).
20:00 h. Festa - verbena co Grupo " Meritxel" de Monforte de Lemos.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Concello de Chantada: http://www.concellodechantada.org/
- Concello de O Saviñao: https://www.concellodosaviao.com/