
Festas Chantada 2018
Chantada presenta unha das programacións culturais máis completas para este verán. A antesala ás Festas Patronais da Vila constitúena a Semana Internacional de Cinema de Chantada (13 ao 17 agosto) e a Mostra de Teatro Popular Maruxa Villanueva (20 ao 23 de agosto).
O Folión de Carros é a estrela da programación festiva e a cita máis esperada de cada agosto en Chantada. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cada ano atrae a numerosos visitantes que acoden a ver o espectáculo: un evento cargado de nostalxia, humor e respecto pola etnografía popular; unha representación de oficios tradicionais sobre carros tirados por bois e vacas.
DATA:
13 ao 17 agosto | 25 Semana Internacional de Cine de Chantada
20 ao 23 agosto | XXVIII Mostra de Teatro Popular Maruxa Villanueva
25 agosto | Folión de Carros de Chantada
MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.concellodechantada.org/
turismo@concellodechantada.org
982 441 752