Folión das Fachas de Vilelos 2018

Unha tradición Castrexa cun grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van a dar comezo as festas parroquiais. Un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!.

A preparación comeza nos meses de verán no momento de recollida dos agucios, unhas prantas que nacen na primavera e se recollen cando están ben secos, aló polo mes de agosto. Logo de varios días á captura destes, comeza a elaboración das fachas, as encargadas de amenizar a festa. Faranse o máis grandes posible, posto que elas decidirán cando remata a troula; mentres haxa lume haberá festa (así era cando non existía a luz eléctrica). 

A festividade en si comeza coa procesión das fachas máis pequenas, encargadas de iluminar o camiño cara ao Castro da  Besta, dende o cal se avisa a todas as parroquias cercanas de que imos estar de festa. Segundo contan os nosos antigos a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda aos deuses para agracederlles as boas colleitas. 


PROGRAMACIÓN 2018

A xornada iniciarase ás 21:00 horas cunha pancetada e proseguirá coa procesión das fachas ata o Castro  da Besta ao redor das 00:00 horas. 

De regreso ao punto de partida, encenderanse as fachas máis grandes e arderán ao tempo que duran os concertos que amenizan o evento.
 

 

Data: 28 setembro 2018

Lugar: Vilelos (O Saviñao); 42°38'19.4"N 7°40'35.9"W


Máis información:

http://www.vilelos.com

asociacionvilelos@hotmail.es