
Programa Outono Parada de Sil 2018
O concello de Parada de Sil ven de publicar a súa programación especial de outono para este mes de novembro. Diferentes actividades que virarán en torno ao deporte e aos produtos gastronómicos típicos desta época do ano.
PROGRAMACIÓN
Domingo, 4 de novembro
Xornadas Micolóxicas, de 10:00 a 18:00 horas na Fábrica da Luz. O programa da xornada cos cogomelos como protagonistas dará comezo ás 10 da mañá coa presentación e iniciación no mundo dos cogomelos a través do miscroscopio. Das 11:00 ata as 13:00 haberá saída ao monte para a colleita e identificación de cogomelos; entre as 13:30 e as 1530 está previsto un xantar con menú a base de cogomelos, mentres que a sesión vespertina estará dedicada ao recoñecemento e clasificación dos cogomelos a través do microscopio.
A participación é gratuíta e os participantes só deberán abonar o custo do menú (15 €). Para obter información ou reservas: info@afabricadaluz.com ou nos teléfonos 988 984 990 – 679 060 509 – 696 481 987.
Sábado, 10 de novembro
XII Andaina da Castaña. Para recibir información ou inscribirse: cmribeirasacra@mundo-r.com.
Sábado, 17 de novembro
VII Festa da Pisa no pobo de Purdeus (Chandrexa). O programa dará comezo ás 11:30 da mañá coa recreación da Pisa da Castaña, proceso tradicional da preparación das castañas secas, no que poderá participar calquera persoa que o desexe. Finalizada esta demostración, terá lugar o xantar Popular da Castaña, no que se servirá fabada, tenreira guisada con castañas, sobremesas variadas, pan, bebida e café, por un prezo de 12 euros por persoa. A información e reservas pode facerse a través de turismo@paradadesil.es ou no 988 208010.
Paralelamente desenvolverase a sétima edición da Feira de Produtos Locais, con casetas de exposición e venda de produtos da zona: viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan, bicas, etc.
Sábado e domingo, 24 e 25 de novembro
IV Maratón Fotográfica de Parada de Sil e Ruta Xeolóxica. Información e inscrición en contacto@rutea.es.
Durante todas as fins de semana do mes será posible a degustación de menús con castaña en todos os restaurantes do concello de Parada.
Máis información:
988 208010