O ermitán de San Mamede (Lenda)

Lendas e seres mitolóxicos

A lenda de como un lobo axudou na construción dunha ermida como castigo. 

Conta a lenda que un ermitán atopábase construíndo unha ermida no alto da Serra de San Mamede, en Montederramo. Estaba a facelo coa axuda de dous corzos, os cales eran os encargados de portar as pedras para a edificación. 

Pero, un día, un lobo atacou a un dos corzos, polo que o ermitán, púxoo a traballar con eles a modo de castigo. E así é como o imaxinario popular relata a historia da construción da ermida de San Mamede, cun ermitán, un corzo e un lobo. 

A historia do corzo, o lobo e o ermitán foi representada nun mural, dentro do proxecto Un toque de cor en Ribeira Sacra, e sitúase no núcleo do municipio de Montederramo. 

Cómo chegar Cómo chegar