Galería
Galería

Pazo da Pena

Pazos

O Pazo da Pena foi unha casa señorial coa súa orixe no século XVI, construída sobre unha fermosa rocha ou pena xigante, razón pola cal recibiú o seu nome.

A planta do pazo responde ao esquema rectangular con dúas torres nos ángulos, típico da arquitectura pacega, destacando a adaptación da súa construción ao terreo, o que da lugar a diferentes usos e alturas e a integración da capela na súa fachada principal. A comenzos do século XXI rehabilitouse para o seu uso como establecemento de aloxamento.

Si nos situamos fronte a esta fachada poderemos diferenciar claramente á esquerda unha construción noble e señorial, en bos perpiaños de granito con certa simetría e, á dereita desta, a construción dos caseiros, na cal perpiaños e cachotería se mezclan, dominando esta última canto máis nos alonxamos da construción señorial. Destaca sobre o portón principal o escudo de armas cos blasóns dos catro apelidos do seu fundador: Gaioso, Lousada, Quiroga e Domínguez.

No interior, todo o edificio se articula arredor de dous patios: o máis grande, coñecido como “Patio do Señorito”, ten ao seu redor dous salóns e as dependencias señoriais; mentras que o outro, máis pequeno, pertence á vivenda dos caseiros.

A planta baixa do edificio ocupa únicamente a zona señorial, e componse de varios espazos de grandes dimensións destinados orixinalmente a servizos, cortes, cabalerías…A planta principal é a de maior dimensión e acolle as dependencias principais, comunicando a parte señorial e a dos caseiros mediante unha porta; mentras que a segunda planta é a de menor extensión.

No exterior podemos ver o Rebolo da Pena, árbore incluída no Catálogo de Árboles Senlleiras da Xunta de Galicia, así como gozar dunha finca de 10ha con distintas construcións e exposicións etnográficas.

Pazo da Pena

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Rozavales

Manzaneda

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar