Plan de Mobilidade Sostible en Ribeira Sacra

Co obxectivo de reducir a presenza de vehículos persoais, favorecendo un uso do espazo público máis sostible, confortable e seguro, encárgase a redacción dun Plan de Mobilidade Sostible para Ribeira Sacra.
Con este Plan deseñouse un sistema multimodal accesible e adaptado ás condicións de Ribeira Sacra, pensado para veciños e visitantes, controlado, medido, xestionado, avaliable e intelixente.
A empresa adxudicataria do Plan elaborou unha diagnose da situación actual de Ribeira Sacra para o deseño dun Plan de Acción con medidas específicas a curto, medio e longo prazo e deseñou un sistema de transporte colectivo intermodal (autobús-barco-tren), que conectaría os principais núcleos de poboación, coas sendas e camiños peonís de acceso aos fitos do lugar, priorizando o uso de enerxías limpas e prevendo o papel das novas tecnoloxías na xestión, funcionamento e información ao usuario.
Data: entregado en xuño 2023
Descarga de documentos:
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.