Proxecto piloto sinalización intelixente
Ademáis das actuacións específicas para a mellora da sinalización vertical, faise necesaria a contratación dun sistema de sinalización intelixente a través de dispositivos móbiles común para toda a Ribeira Sacra que introduza elementos visuais comúns en toda a sinalización existente, aporte información de valor engadido aos visitantes e sirva para promocionar os recursos turísticos do territorio.
Nun primeiro momento, este sistema intelixente implantarase de xeito experimental nos concellos de Esgos, Montederramo, Paradela e Portomarín. Municipios emblemáticos da Ribeira Sacra que nalgúns casos acollen a peregrinos e peregrinas que realizan o Camiño de Santiago. Un colectivo ao que tamén se debe dirixir esta sinalización, a fin de presentarlles os recursos turísticos dos que se poden beneficiar na comarca.
Data realización: xuño 2025
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.