Romería da Ermida
O Meco e as Pampórnigas son as figuras máis destaca desta celebración.
Esta romaría, na honra da Virxe dos Remedios, conta cunha singular procesión, na que se poden ver as figuras do Meco e as Pampórnigas.
O Meco é un personaxe que, segundo conta a lenda, personifica o demo. Viste cun traxe vermello, unha máscara con trazos diabólicos e un pau con toxos na punta. Os quiroguenses teñen varias teorías sobre o que pode significar esta figura; unha delas é que era crego ou seminarista do Meco, localidade próxima a Alcalá de Henares. Este foi adúltero, lascivo e violento, dando unha resposta a porqué se representa como un demo. Outra crenza é que había unha persoa chamada Meco que era natural do Grove. Esta dedicouse a asustar ás mulleres cos seus abusos e violencia. Por iso, as mulleres decidiron unirse e colgalo nunha figueira. Unha das preguntas que se fan durante a procesión é: Quen matou a Meco?, ao que responden as quiroguensas: Matámolo todas.
Algúns dos rituais durante a procesión son as ofrendas de diñeiro, tiradas ao chan polos espectadores para que o Meco as recolla, mentres algúns asistentes aproveitan para losquealo. Despis, o Meco devólveas a "golpe de toxo". O Meco tamén tenta evitar que os fregueses entren na misa, iniciando con eles unha pequena pelexa. Esta figura está moi ligada á casa de Eliseo González, familia que elaborou a súa máscara e dá vida ao personaxe cada ano, pasando o cargo de pai a fillo.
As Pampórnigas son dous xigantes, nos que a muller vai vestida cun sombreiro e un vestido vermello, mentres leva na boca un acio de uvas. O home leva unha roupa semellante en azul, ademais de fumar en pipa. Estes dous personaxes pasan pola procesión bailando unha peza tradicional de Quiroga, que foi recuperada polo gaiteiro Colomán.
Data: 8 e 9 de setembro