Galería
Romería de San Mateo
Celebrada na parroquia de A Parte (Monforte de Lemos), é un dos eventos que pecha o calendario de festas do verán.
Tras o oficio de diferentes misas ao longo da mañá na igrexa parroquial, dáse paso á sesión vermouth. Monfortinos e veciños de municipios próximos cantan e bailan ao son das orquestras mentres se preparan para gozar de grandes merendas acompañados con peñas de amigos ou familias ao completo.
Trátase dunha tradición con moito arraigamento entre os veciños, cita obrigada para todos os monfortinos, e celebrada inintirrumpidamente desde a Guerra Civil.
Data: 21 de setembro
Romaría de San Mateo (Monforte de Lemos)
Fotografías realizadas por Carlos Cortés. Extraídas de La Voz de Galicia