PR-G 178 Ruta de Maquino Largaño
A través desta ruta circular de case quince quilómetros coñeceremos lugares dunha gran importancia patrimonial, como unha antiga necrópole ou o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ademais tamén descubriremos unha inclinada ladeira do Canón do río Sil.
Maquino largaño significa ‘’camiño longo’’ en barallete. O barallete é unha xerga gremial propia dos oficios ambulantes (afiadores, cordeeiros, barquilleiros...)creada co fin de non ser entendidos por persoas alleas ao oficio, podendo falar así libremente na presenza de calquera persoa.
A ruta comeza na poboación de Luíntra. Avanzaremos entre zonas de árbores autóctonos e prados ata chegar ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil despois dun pronunciado descenso. Dende aquí continuaremos a senda por unha inclinada ladeira do Canón do Sil entre antigos castiñeiros e pasando sobre algún regato. Nalgúns tramos a vexetación permítenos desfrutar dunhas boas vistas sobre o canón do río, a máis de trescentos metros en vertical baixo os nosos pes. Máis adiante abandonaremos esa ladeira e chegaremos as inmediacións dunha necrópole que data dos séculos III e IV a.C. Por último, tras pasar pola aldea de Monteverde, descenderemos po un antigo camiño empedrado ata chegar de novo a Luíntra, onde finaliza a ruta.
Non o perdas!
Resulta imprescindible visitar o interior do Mosteiro de Santo Estevo reconvertido actualmente en Parador de Turismo Nacional.