Galería
Galería

PR-G 4 Camiño Real de San Pedro de Rochas

Sendeirismo

Nesta ruta circular de pouco mais de oito quilómetros de lonxitude percorreremos, a través de camiños tradicionais, os arredores do Mosteiro de San Pedro de Rochas e o monte sobre o que se asenta.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
9 km
Tempo da ruta
2 h 45 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Esgos
Chegada
Esgos
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 328 m
Baixada: 328 m
M.I.D.E. 1 2 3 2

Comezaremos a ruta na poboación de Esgos e entraremos nun bosque de carballos por un camiño empedrado. Pouco a pouco comezaremos a gañar altitude e chegaremos ao Mosteiro de San Pedro de Rochas, unha das xoias da Ribeira Sacra. No mosteiro atópase un pequeno centro de interpretación e tamén poderemos observar unhas tumbas escavadas no chan en forma de silueta humana. Se continuamos o camiño seguiremos vendo as impresionantes formacións rochosas que o rodean ademais dos múltiples pequenos picos dos montes dos arredores. Finalmente pasaremos pola aldea de Quinta do Monte, dende onde tan só nos restará descender por unha pronunciada pendente ata chegar de novo a Esgos.

 

Non o perdas!

É moi recomendable deterse a visitar o mosteiro, xa que está considerado como un dos mosteiros cristiáns mais antigos da Península Ibérica.

PR-G 4 Camiño Real de San Pedro de Rochas

Equipamento e servizos

Aparcamento
Roteiro sinalizado
Fontes de auga
Postos de comida

Accesibilidade

En bicicleta
En coche