PR-G 224 Ruta da Teixeira
Ao longo dos case catorce quilómetros desta ruta circular descubriremos as impresionantes paisaxes que forman os viñedos estendidos polas ladeiras do Canón do Sil e do Mao. Tamén nos introduciremos no Canón do Sil a través dunha pista que o percorre durante varios quilómetros.
A ruta sae da poboación da Teixeira, situada na liña divisoria de dous vales nos que os viñedos caracterizan a paisaxe. Comezaremos ascendo levemente por un antigo camiño para introducirnos nun bosque autóctono de carballos e outras especies. Posteriormente comezaremos a descender e chegaremos a aldea de Cristosende, onde os viñedos comezan a gañar protagonismo. Transitaremos a través deles por camiños rodeados de muros de mampostería e baixaremos desfrutando dunhas impresionantes vidas do canón do río Mao e do río Sil. Chegaremos máis abaixo a un punto no que o camiño se converte nunha ancha pista, e poderemos elixir descender ata o río Mao ou continuar avanzando por ela. Se seguimos pola pista introducirémonos en pleno canón e iremos descubrindo distintos puntos dende os que observar unha boa parte da extensión do canón. Máis adiante abandonarémolo e volveremos a ascender para pasar de novo entre varios viñedos e chegar a Teixeira, onde finaliza a ruta.
PR-G 224 Ruta da Teixeira
Equipamento e servizos
Accesibilidade
Información e contacto
A Teixeira
Ourense