Galería
Galería

PR-G 253 Ruta Granítica de Moura

Sendeirismo

Un percorrido pola ladeira do Canón do Sil, rodeado de formacións arbóreas de carballos e castiñeiros centenarios, no cal poderás atoparte con curiosas e sorprendentes formacións rochosas.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
7,5 km
Tempo da ruta
2 h 35 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
O Alcouce - Moura (Nogueira de Ramuín)
Chegada
O Alcouce - Moura (Nogueira de Ramuín)
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 341 m
Baixada: 341 m
M.I.D.E. 1 2 2 2

O PR-G 253 é unha ruta circular que comeza na aldea de O Alcouce, na parroquia de Moura, pertencente ao concello de Nogueira de Ramuín. Ao pouco de comezar o sendeiro chegamos ao Miradoiro da Lampa, onde se pode observar unha panorámica espectacular do Canón do río Sil e do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Durante os últimos kilómetros, o sendeiro transcorre por unha paisaxe diferente, na cal destacan as curiosas formacións graníticas coñecidas como As Codias, Os Penedos de Rufino, O Penedo do Trigo, O Vixiante ou a Pedra Longa. O visitante tamén poderá visitar a Necrópole Megalítica de Moura (ou Mámoas das Cabanas), situada a escasos metros do sendeiro.

 

Non o perdas!

A escasos metros do carreiro, poderás visitar a Necrópole Megalítica de Moura (tamén coñecida como Mámoas das Cabanas).

PR-G 253 Ruta Granítica de Moura

Ver máis...

Equipamento e servizos

Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En bicicleta
En coche