
Ruta Cicloturista de los Miradores de Bolmente


ATENCIÓN: Ruta non sinalizada para bicicletas. Recoméndase o uso do GPS.
Ruta perfecta para iniciarse na bicicleta de montaña, sen grandes complicacións e cun enfoque familiar. Pode facerse con nenos, ao discorrer enteiramente por pistas de terra e por tramos asfaltados con pouco tráfico. Intégrase totalmente no termo municipal de Sober como unha ruta circular de 14 quilómetros con inicio en Santa Marta, na parroquia de Barantes.
No seu trazado, percorre dous dos innumerables miradoiros e atalaias naturais sobre o Canón do río Sil: os miradoiros da Cividade e do Boqueiriño, desde os que se poderá gozar dunha contorna paisaxística única en Galicia. As paredes graníticas enmarcan o curso do río en profundidades de ata 500 metros respecto ás penichairas circundantes formando o Canón do Sil. Destacan as plantacións vinícolas en bancais que dan orixe ao coñecido como “viño de Amandi” pertencente á D.O. Ribeira Sacra.
Tipo de firme: 0% estrada, 62% pista asfaltada (8,79 km), 35% pista sen asfaltar (5,06 km), 3% camiños e sendas (0,42 km).
Desnivel acumulado positivo: 271 m
Accede ao PDF da ficha de ruta aquí.
Ruta Cicloturista dos Miradoiros de Bolmente
Accesibilidade

